Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

NADAL 2017-18

Nenos e nenas de 14 centros escolares presentaron 1.274 debuxos ao Concurso de Cartel e Postal

David Nogareda Regueira, alumno do CEIP A Cristina, gaña o premio de postal, e David Castiñeiras López, do CEIP Gándara-Sofán, o de cartel

Xoves 30 de novembro do 2017 Cultura

O xurado reuniuse hoxe no Pazo da Cultura

O xurado reuniuse hoxe no Pazo da Cultura

CEIP Bergantiños, CRA Ponte da Pedra Xoane, CEIP Fogar, CEIP Xesús San Luís Romero, CEIP Nétoma-Razo, CEIP Gándara-Sofán, CRA Ponte da Pedra Sísamo, CRA Ponte da Pedra Rega-Bértoa, CRA Ponte da Pedra Berdillo, CEIP A Cristina, EI As Landras, CRA Ponte da Pedra Artes, CRA Ponte da Pedra Cances e Colexio Artai son os 14 centros escolares que participaron no Concurso de Cartel e Postal de Nadal, unha convocatoria xa clásica da Concellería de Cultura para escoller, por unha banda, a ilustración do cartel que se distribuirá polas rúas e comercios de Carballo, e, por outra, a tarxeta de felicitación oficial do Concello e portada do programa do Nadal Cultural que recolle todos os actos que se celebrarán no noso concello durante as festas.

O xurado, que se reuniu hoxe pola mañá no Pazo da Cultura, non tivo nada doada a elección, xa que tivo que escoller entre un total de 1.274 debuxos. Logo das oportunas deliberacións resultou elixida como POSTAL GAÑADORA, cun regalo valorado en 175 €, a presentada por David Nogareda Regueira, alumno do CEIP A Cristina de 10 anos de idade. Tal como se recolle nas bases, o centro educativo ao que pertenza o gañador deste galardón recibirá un agasallo por valor de 150 € en material didáctico, polo que este ano recae no CEIP A Cristina. En segundo lugar foi seleccionado como 2º premio CARTEL o debuxo de David Castiñeiras López, alumno do CEIP Gándara-Sofán de 6 anos, que recibirá un regalo por valor de 100 €.

O xurado estivo constituído por alumnado dos colexios San Luís Romero e A Cristina, un representante da Coral Polifónica de Carballo, José Fraga; unha artista local, Emi Rodríguez De Las Heras, e, en nome do Concello de Carballo, o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, e a animadora cultural, Carmen Castro.

Ademais dos dous premios, decidiron conceder os seguintes ACCÉSITS, dotados con premios por valor de 60€:

  • Paula Blanco Fernández, 3 anos, do CRA Ponte da Pedra-Cances
  • Noa López Rodríguez, 11 anos, do CEIP Bergantiños
  • Chloe Souto Ávila, de 11 anos, do CEIP A Cristina
  • María Lobera Lista, de 7 anos, do CEIP Nétoma-Razo
  • Noa Pena Vázquez, de 10 anos, do CEIP A Cristina

Compartir: