Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Un total de 906 escolares de 4 a 6 anos participaron no programa de visitas guiadas á Biblioteca Rego da Balsa

Xa está en marcha unha nova campaña de difusión da biblio para alumnado de secundaria

Xoves 2 de novembro do 2017 Cultura

Un total de 906 escolares de catro a seis anos de idade participaron ao longo do mes de outubro no programa de visitas guiadas á Biblioteca Rego da Balsa, organizado pola Concellaría de Cultura para dar a coñecer a toda a sociedade un recurso cultural único na Costa da Morte. Alumnos e alumnas dos colexios Bergantiños, Fogar, A Cristina, San Luís Romero, Artai, Nétoma-Razo, Gándara-Sofán, Canosa-Rus e CRA Ponte da Pedra participaron nunha iniciativa que incluíu unha visita guiada pola zona infantil e unha función de contacontos cos ratiños da biblioteca. Ademais, cada un dos cativos levou como agasallo un libro dos Bolechas no que poderán seguir descubrindo outros interesantes recursos do noso concello.

Pero as propostas que tratan de conectar á biblioteca cos distintos sectores sociais non rematan aquí. Xa comezou un novo programa de visitas guiadas que se dirixe neste caso ao alumnado de secundaria. Ao longo de todo este trimestre, rapazas e rapaces dos institutos carballeses acudirán á Biblioteca Rego da Balsa para realizar un percorrido polos espazos que teñen á súa disposición e participar nun xogo de busca de información no que non está permitido o uso de Internet, de xeito que teñen que utilizar outro tipo de soportes para atopar os datos que precisan.

Compartir: