Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O tren de María Fumaça regresa a Carballo para participar na festa da “Inclusón” que organiza Aloumiños

A partir do día 6 estarán á venda as entradas para o espectáculo “Aire”, que chegará o domingo 12 ao Pazo da Cultura

Martes 31 de outubro do 2017

Aloumiños quere repetir a excelente acollida da primeira edición de Inclusón, e por iso na segunda utilizará a mesma fórmula. Desvelárona hoxe Chefa Carballo e Claudia Bajo, representantes da asociación, e para que todo o mundo o saiba tamén o contaron na lingua de signos. Gema Santos, da Asociación Coruñesa de Promoción del Sordo (Acopros), encargouse de facer a tradución, e ademais amosounos como representar unha palabra tan fermosa como aloumiños.

Gema Santos encargouse da tradución á lingua de signos

Gema Santos encargouse da tradución á lingua de signos

Inclusón é un espazo de inclusión a través da cultura, onde, como sinalou Chefa Carballo,  “todas e todos teñen cabida, teñan ou non teñan discapacidade”. E ese espazo estará aberto o vindeiro día 12 para que todo o mundo poida gozar da presenza do popular tren de María Fumaça na nosa vila.

“Todas e todos, nenos e maiores, deberiamos aplicar a máxima ‘A María Fumaça eu quero subir, cantar e bailar para ser feliz’, porque teríamos un punto de vista máis optimista tanto as familias con rapazas e rapaces con discapacidade como o resto da sociedade”, apuntou a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, que foi outra das participantes no acto de presentación xunto ao concelleiro Deporte e Cultura, Marcos Trigo. Este último agradeceu a iniciativa e o traballo que vén desenvolvendo Aloumiños desde a súa fundación no ano 2015. “Desde entonces hasta ahora lo que intentamos es trabajar en pro de la inclusión”, sinalou Claudia Bajo.

“María Fumaça es un grupo musical que tiene muy inculcado lo que es la inclusión por uno de sus componentes, Rui, un niño con parálisis cerebral y que es el centro del grupo. Por eso creemos que era importante contar con ellos nuevamente”, engadiu Claudia Bajo, que agradeceu ademais a colaboración do Concello de Carballo.

María Fumaça chegará ao Pazo da Cultura o día 12 ás 18 horas. Pero as entradas haberá que compralas antes. Estarán á venda a partir do día 6 a un prezo de 5 euros, e poderán recollerse no local de Aloumiños (Casa da Xuventude) de 10 a 14 horas ou no establecemento El Rincón de María de 17.30 a 20.30.

Vídeos

Compartir: