Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A actriz Marta Lado retoma os monólogos en exclusiva para a Rúa dos Contos, coa estrea en primicia do seu novo espectáculo

O FIOT inicia a programación de sala coa importante estrea de "La zanja", a nova obra de Titzina Teatro

Carballo acollerá a estrea absoluta de “La última cena”, unha coprodución do FIOT coas compañías Reckless Sleepers e Atresbandes

Xoves 28 de setembro do 2017

Titzina Teatro e FIOT presentaron hoxe

Titzina Teatro e FIOT presentaron hoxe "La zanja"

Fin de semana completo e intenso no Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo. A programación de sala iníciase coa estrea de “La zanja”, a nova obra de Titzina Teatro, unha compañía catalá moi querida polo público do festival. A presentación da montaxe tivo lugar hoxe no Pazo da Cultura, nun acto no que participaron representantes da compañía e da organización do FIOT.

Incondicional do FIOT desde que a compañía se creara hai 16 anos, os seus cinco espectáculos sempre estiveron nas táboas de Carballo, que no 2013 tamén acolleron a estrea de “Distancia siete minutos”, que se converteu nun fenómeno que percorreu toda España e moitos outros países, con máis de 300 funcións, 100.000 espectadores e un éxito unánime de crítica e público pola súa capacidade de combinar unha lúcida mirada sobre o individuo desde a tenrura e o humor.

En “La zanja” (venres 29 de setembro ás 21 h), os seus creadores utilizan unha historia actual para trasladarnos a un momento histórico que formula temas esenciais como a condición humana e as súas diferentes formas de entender o progreso. Cada unha das súas obras non deixa indiferente, sendo o seu sinal de identidade o traballo de creación e xornalismo antropolóxico que crea un universo poético que seduce e emociona.

Comedia romántica e estrea internacional

O escenario do FIOT recibe tamén esta fin de semana a Alfredo Sanzol, un dos grandes dramaturgos da actualidade, e que recentemente foi premiado co Max á Mellor Autoría. Presenta a súa obra “La ternura” (sábado 30 de setembro ás 20.30 h), unha comedia romántica de aventuras inspirada no universo das comedias de Shakespeare e que afonda na arte de facer rir.

Esta obra forma parte dun proxecto de investigación, formación e creación de teatro contemporáneo, Teatro de la Ciudad, recoñecido co Premio Max 2016 á Mellor Produción Privada. A produción tamén se realiza conxuntamente coa casa de teatro e estudos Teatro de la Abadía.

O teatro experimental do Ciclo OTNI sorprende coa estrea absoluta de “La última cena”(domingo 1 de outubro ás 20.30 h), unha coprodución do FIOT coas compañías Reckless Sleepers e Atresbandes.

O espectáculo, creado pola compañía inglesa Reckless Sleepers en 2012 e dirixida por Mole Wetherell, ten un longo e exitoso percorrido internacional. Despois de trasladar a experiencia a Italia e Francia con compañías destes países, o director da peza propúxolle á catalá Atresbandes facer unha versión propia, que o FIOT aceptou coproducir.

Na programación de sala, o venres 20 e sábado 21 de outubro, o festival acollerá a estrea en Galicia de dúas obras de Kamikaze Producciones, compañía que acaba de ser recoñecida co Premio Nacional de Teatro 2017 polo seu proxecto revolucionario Kamikaze Teatro. No FIOT presentará “Todo el tiempo del mundo”, dirixida por Pablo Messiez, e “Arte”, de Miguel del Arco.

Marta Lado, en exclusiva

As noites de Carballo están reservadas para a Rúa dos Contos. O venres 29 de setembro o humorista Pepe Capelán fará un repaso polas súas vivencias no monólogo “Contos dun rapaz de aldea” (Cervexaría Ágora, 23 h). A agrupación musical Carta de Ajuste tocará “O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto” no Pub O Patacón (00.30 h), un show que fusiona a comedia e a música a partes iguais.

O sábado 30 de setembro, en A Barra Bar (23 h), a Rúa dos Contos contará coa estrea absoluta dun novo espectáculo de Marta Lado, que retoma os monólogos en exclusiva para o público do FIOT, un compromiso que adquirira fai tempo, de aí que sexa unha ocasión moi especial para o festival e para a actriz galega.

Ademais, e dentro do programa de actividades paralelas, o 30 de setembro celebrarase, na Biblioteca Rego da Balsa, un obradoiro de improvisación teatral e creación de novos contos, no que os participantes aprenderán as técnicas básicas da improvisación teatral.

Compartir: