Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Roi Casal chega este venres ao Verán Cultural con "Son Galego, Son Cubano", o gran espectáculo musical entre Galicia e Cuba

O concerto, patrocinado pola Fundación Luis Calvo e no que colaboran o Concello de Carballo e a Deputación da Coruña, terá lugar o venres 28 na Praza do Concello ás 22.30 e a entrada é libre

Luns 24 de xullo do 2017

Este venres Roi Casal presentará no Verán Cultural de Carballo o seu espectáculo Son Galego, Son Cubano. O concerto, posible grazas a colaboración do Concello e da Deputación da Coruña, terá lugar na Praza do Concello ás 22.30 horas e a entrada é libre.

Son galego, Son cubano, o gran espectáculo musical entre Galicia e Cuba, foi presentado no Gran Teatro da Habana (Palacio do Centro Galego) no mes de maio de 2016 con dous memorables concertos. Un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países, que foi visto en directo por máis de 50.000 persoas na xira de 2016.

Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas até o falecemento deste último en novembro de 2015

Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas até o  falecemento deste último en novembro de 2015. A xira é considerada unha fermosa homenaxe ao propio Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, onde o escritor residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das súas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña.

Compartir: