Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O Concello de Carballo recupera despois de cinco anos as subvencións para as festas das parroquias e dos barrios

A Concellería de Festas incrementa ata 400 euros as axudas por cada verbena ou concerto

Martes 4 de xullo do 2017 Cultura

O Concello de Carballo volverá a convocar este ano as subvencións para as festas das parroquias e dos barrios. O goberno municipal cumpre deste xeito o seu compromiso de recuperar as axudas, que, como lembrou o alcalde, Evencio Ferrero, quedaran suspendidas nuns momentos de austeridade, recortes orzamentarios e incerteza económica a nivel estatal como os que se vivían no ano 2012. Nestes momentos, cunha excelente situación económica das arcas municipais, que se vén consolidando e reforzando nos últimos anos, non só é posible volver a subvencionar as verbenas, senón que se incrementa a contía destinada a esta finalidade.

A Concellería de Festas repartirá un máximo de 35.000 euros coa finalidade de impulsar a celebración de festas populares e de contribuír a preservar a tradición festiva no noso concello

A Concellería de Festas repartirá un máximo de 35.000 euros coa finalidade de impulsar a celebración de festas populares e de contribuír a preservar a tradición festiva no noso concello. As subvencións serán incompatibles con outro tipo de financiamento por parte do Concello de Carballo agás coas actuacións solicitadas dentro do Convenio Musical. O importe das axudas será de 400 euros por día de festa no que se celebre unha verbena ou un concerto con actuacións musicais en directo, pero non se subvencionarán dúos nin tríos de animación musical.

O prazo de solicitude abrirase a partir da publicación do anuncio correspondente no Boletín Oficial da Provincia e a convocatoria estará aberta ata o 16 de outubro. As comisións e entidades terán que presentar a solicitude como mínimo 10 días antes da festa. No entanto, para as festas que xa se celebraran haberá un mes de prazo a partir da publicación no BOP.

Compartir: