Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

“Bat Móbil” acadou o premio á embarcación máis orixinal do Descenso do Anllóns

O xurado repartiu 1.375 euros en premios, á parte das subvencións de 40 euros para todos os equipos participantes

Domingo 25 de xuño do 2017 San Xoán 2017

"Bat Móbil", primeiro premio á embarcación máis orixinal

Finalmente foron 14 as embarcacións participantes no Descenso do Anllóns. Nesta 20ª edición, o divertido e participativo concurso estivo caracterizado polo escaso caudal do río, polo que o xurado optou por non penalizar ás tripulacións que nalgún momento do percorrido non tiveron á metade dos seus membros sobre a embarcación, como figura nas bases. Os mozos e mozas, que son os principais protagonistas do Descenso do Anllóns, volveron a poñer a proba a súa imaxinación para sorprender con embarcacións moi orixinais. O primeiro premio desta categoría, dotado con 300 euros, foi para o “Bat Móbil”. En segundo lugar clasificáronse “Os guerrilleiros”, que gañaron 200 euros, e os terceiros foron os membros do “Titanic do Anllóns”, que recibiron 125 euros. Ademais, o xurado decidiu outorgar un accésit de 50 euros ao “Nautilus do Anllóns” tamén no apartado de embarcacións orixinais.

Para “A Barca” houbo dobre galardón de 100 euros, xa que foi a carrilana acuática máis veloz e os seus membros tamén foron os mellores á hora de realizar as probas de habilidade, algunhas xa clásicas, como transportar un ovo durante todo o traxecto e entregalo san e salvo ou montar no touro mecánico, e outras que varían cada ano como foi nesta ocasión a de estoupar globos.

O primeiro premio á tripulación máis simpática, dotado con 200 euros, correspondeu ao “Hamvulatorio de Carvalho”, e o segundo, de 100 euros, foi para “A festa”. Tamén houbo dous accésits de 100 euros para “Anxos do Anllóns” e “Demos do Anllóns” pola súa simpatía.

Ambiente no Parque do Anllóns

Ambiente no Parque do Anllóns

O percorrido, como é costume, comezou na Ponte de Bértoa, onde se reuniu un gran número de persoas que foron acompañando ás embarcacións durante todo o traxecto ao longo do Bosque do Añón. No San Martiño, onde se celebraron algunhas das probas de habilidade, aumentou a concentración de público, pero foi no Parque do Anllóns, como é habitual, onde se produciu unha auténtica aglomeración para ver chegar aos participantes, que foron recibidos con batidos de chocolate e roupa seca para agardar o fallo do xurado. Desde a comisión de festas agradecemos a participación de todas e todos.



Galería

Compartir: