Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O alumnado do IES Parga Pondal convídanos a reflexionar sobre a sociedade na que vivimos na exposición “E ti que mundo queres?”

A mostra foi inaugurada o dia 1 na Biblioteca Rego da Balsa, escenario ademais dun programa de radio no que foi entrevistado Evencio Ferrero

Venres 2 de xuño do 2017 Cultura

O día 1 estivemos na biblioteca Rego da Balsa, onde inauguramos a exposición fotográfica E ti que mundo queres?, unha das iniciativas do proxecto O mundo que queremos, que está a desenvolver este curso o alumnado de Valores Éticos de 3º curso do IES Isidro Parga Pondal, en colaboración con varias organizacións non gobernamentais. As imaxes dos mozos e mozas falan da contaminación e do que non lles gusta da súa contorna, nunha mostra que se completa con fotos de Antonio Fernández e Marcos Rodríguez.

Logo da inauguración, os alumnos e alumnas do instituto carballés realizaron un programa de radio no que contaron como convidados, aos que entrevistaron, co alcalde, Evencio Ferrero (a quen non llo puxeron fácil cando se interesaron polos fondos EDUSI); coa psicóloga de Vieiro, Lara Rodríguez, e con Eva Cameán, voluntaria da asociación ambiental Senda Nova. Durante o programa, os improvisados xornalistas explicaron o desenvolvemento do seu proxecto, que tivo a súa orixe en dous obradoiros: un de radio, centrado nos conflitos, a violencia e a paz e especialmente no bullying, e outro de fotografía sobre medio ambiente). Tamén houbo espazo para a música e a participación dos alumnos.

Ao acto asistiu, ademais do alcalde, a concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Milagros Lantes.



Galería

Compartir: