Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Semana de concertos no Conservatorio Profesional de Música

Atlántico Quinteto de Metais actúa o martes e o pianista Iago Franqueira Barca, o mércores

Luns 8 de maio do 2017 Cultura

No Conservatorio Profesional de Música de Carballo comeza unha semana de concertos, con dúas actuacións abertas a toda a cidadanía para dar a coñecer a solistas e grupos formados no centro municipal e tamén a agrupacións procedentes doutras localidades.

O martes 9 subirán ao escenario do auditorio do Pazo da Cultura José Ramiro Perez González, Manuel Bastos Gómez, Adrián Martínez Vieites, Fabián Jamardo e Pablo Méndez Rodríguez, ou, o que é o mesmo, Atlántico Quinteto de Metais. A agrupación interpretará oito pezas de estilos moi variados, e que abranguen dende a banda sonora de “Superman” ata o clásico “Yesterday” de The Beatles. Ao día seguinte asistiremos a un concerto de piano de Iago Franqueira Barca, que iniciou os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música de Carballo aos oito anos, e que na actualidade cursa 4º de Grao Superior na Coruña. A música de Brahms e Chopin centrará a súa actuación.

As dúas citas musicais terán lugar no auditorio do Pazo da Cultura e comezarán ás 19 horas.

Descargas



Galería

Compartir: