Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A Rede Cultural da Deputación da Coruña traerá cine, maxia, teatro e moita música a Carballo ao longo do ano 2017

17 espectáculos da vangarda cultural galega figuran na programación presentada pola vicepresidenta provincial, o alcalde e o concelleiro de Cultura

Mércores 26 de abril do 2017 Cultura

Evencio Ferrero, Goretti Sanmartín e Marcos Trigo, na presentación

Evencio Ferrero, Goretti Sanmartín e Marcos Trigo, na presentación

A Rede Cultural da Deputación da Coruña achegará este ano aos concellos da Costa da Morte un total de 228 actuacións, e 17 delas terán lugar en Carballo. A nosa vila foi, precisamente, o lugar escollido pola vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, para presentar a programación, que cualificou como un exemplo da “vitalidade” da nosa comarca.

A Rede Cultural move nesta área, integrada por 18 concellos, un orzamento de 532.861,54 €, dos que 333.983,72 € son achega da Deputación da Coruña, que aprobou todas as solicitudes presentadas. Das 228 actuacións que se desenvolverán na área, 144 corresponden ao programa “Escena ao vivo”, que inclúe propostas profesionais de teatro e títeres, música e danza, e 46 á liña non profesional que se agrupa baixo o título de “Alicerce”. Finalmente, a programación incluirá 38 proxeccións cinematográficas dentro do programa “Visións”, que ten como obxectivo contribuír á distribución, de maneira especial, da produción audiovisual galega.

Goretti Sanmartín aproveitou para visitar a exposición permanente da Semana do Libro e a Lectura

Goretti Sanmartín aproveitou para visitar a exposición permanente da Semana do Libro e a Lectura

En Carballo teremos cine, maxia, teatro, circo e moitísima música, con nomes como Budiño, Mercedes Peón, Guadi Galego, Susana Seivane ou Pablo Díaz. A vicepresidenta da Deputación, que aproveitou a estancia en Carballo para visitar a exposición permanente da Semana do Libro e a Lectura que se celebra no Pazo da Cultura, valorou a calidade da proposta que chegará aos concellos. “Estamos a poñer os vimbios necesarios para que o sector cultural, o mundo do teatro, a danza, o cinema e a música, podan contar con espazos onde ofrecer a altísima creatividade que existe neste momento na nosa cultura”, apuntou Goretti Sanmartín, para quen a Rede Cultural cumpre tamén o “importantísimo papel de estar a contribuír a crear novo público na totalidade dos concellos”.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, pola súa banda, destacou o papel da Rede Cultural da Deputación á hora de contribuír de maneira decisiva á programación dos concellos, e defendeu a “aposta pola cultura non só como necesidade vital senón tamén pola súa relevancia económica. Quero recoñecer –dixo- o importante esforzo que supón programar esta rede tan intensa e extensa, que toca todos os ámbitos culturais e fornece de programación á totalidade dos concellos da área”, apuntou.

Ligazóns

Compartir: