Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Aberto ata o 30 de marzo o prazo de adhesión ao Convenio Musical, que contribúe á promoción das agrupacións locais

O Concello de Carballo financiará dúas actuacións de cada grupo participante con achegas que van dende os 260 ata os 425 euros en función do número de compoñentes

Xoves 16 de marzo do 2017 Cultura

A Concellaría de Cultura de Carballo abre a solicitude de participación no Convenio Musical para as agrupacións do municipio. Grupos de música e danza tradicional, masas corais, orquestras, conxuntos e bandas de música teñen de prazo ata o día 30 deste mes para adherirse ao convenio, para o cal deben cumprimentar o impreso que poden descargar nesta mesma web ou recoller na Concellaría de Cultura e entregalo no rexistro xeral do Concello de Carballo ou, preferentemente, no do Pazo da Cultura.

O Convenio Musical, que leva xa moitos anos en funcionamento, contribúe á promoción das agrupacións locais, que mediante este sistema teñen garantidas dúas actuacións ao ano, ao mesmo tempo que facilita un recurso para enriquecer as súas actividades ás entidades sen ánimo de lucro que traballan ao longo de todo o ano no noso concello.

As bases desta edición manteñen a limitación do lugar de actuación para as agrupacións con sede no casco urbano, que deberán realizar unha soa actuación por evento e nunha parroquia distinta á do ano anterior. O Concello de Carballo subvencionará dúas actuacións a cada unha das agrupacións adheridas de acordo coa seguinte relación:

  • Grupos de música e danza tradicional (mínimo de 12 compoñentes): 350 €
  • Grupos de gaitas (mínimo de 4 compoñentes): 260 €
  • Grupos de cantareiras (mínimo de 4 compoñentes): 260 €
  • Masas corais entre 10 e 29 compoñentes: 260 €
  • Masas corais a partir de 30 compoñentes: 425 €
  • Orquestras e bandas de música (mínimo de 4 compoñentes): 350 €                                                                                                         

No caso de que o número de solicitudes supere o orzamento dispoñible establecerase unha orde de prioridade de acordo cos seguintes criterios: atender ás necesidades ou demandas previsibles de actuacións;  realizar unha distribución equitativa entre as distintas modalidades de grupos, para o que se valorará que as agrupacións musicais pertenzan a entidades culturais e a participación activa das agrupacións nos programas de actividades das entidades;  comprobar que, como mínimo, o 50% dos membros das agrupacións estean empadroados no Concello de Carballo ou a antigüidade, traxectoria e currículum do grupo e/ou dos seus compoñentes.

Facemos especial fincapé no en que as agrupacións musicais cubran coa maior precisión e veracidade posible todos os datos do impreso, así como a respectar o prazo do 30 de marzo para entregalo.

Para calquera aclaración poden dirixirse ás oficinas do Pazo da Cultura ou chamar ao 981 704 300.

Descargas

Compartir: