Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O Carballo Interplay recibe 120 webseries na primeira semana

A cuarta edición do Festival de Contidos Dixitais celebrarase os días 4, 5 e 6 de maio e repartirá máis de 5.000 euros en premios

Mércores 15 de marzo do 2017 Cultura

A cuarta edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de maio e repartirá máis de 5.000 euros en premios, recibiu nunha semana 120 propostas para o seu concurso de webseries, superando a expectación de anos anteriores. As persoas que queiran participar aínda poden facelo, inscribíndose ata o 31 de marzo a través da web www.carballointerplay.com.

As webseries participantes, que deben ser producidas entre os anos 2015 e 2017 e ter un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición, poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou animación, nacionais ou internacionais. Entre as webseries recibidas, un xurado composto por profesionais do mundo das webseries, do audiovisual e da cultura, así como de representantes de asociacións profesionais relacionadas co sector, premiará a mellor webebserie de imaxe real, a mellor webserie de animación, a mellor webserie internacional e a mellor webserie en versión orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categoría. A escolla do público, pola súa banda, levará 400 euros e trofeo. Tamén haberá un premio AGAG ao mellor guión e un premio CREA á mellor dirección, dotados con 200 euros e trofeo. Finalmente, entregaranse cadanseu trofeo á mellor actriz e ao mellor actor.

Ademais, despois do éxito acadado o pasado ano, o Carballo Interplay ofrecerá de novo un premio de 1.500 euros para o mellor proxecto de webserie en galego. O galardón resolverase cun pitching en directo durante o festival e a dotación económica deberá destinarse á produción dos primeiros capítulos da webserie premiada, que se proxectarán na próxima edición do Interplay.

O CIP, que acadou nas dúas pasadas edicións unha grande repercusión a nivel nacional e internacional, situou Carballo como unha referencia para o público e para os profesionais do sector da creatividade dixital, ao converterse no primeiro concello de España que contou cun festival de webseries e de novos formatos narrativos.

Ligazóns

Descargas



Galería

Compartir: