Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O desfile e concurso de Entroido congregou a milleiros de persoas na Praza do Concello

O primeiro premio de carrozas foi para “Liñaio Fashion Week”, de Negreira. A carballesa “Equipo Mclaren-Honda” acadou un accésit

Luns 27 de febreiro do 2017

A Praza do Concello semellaba o domingo pola tarde moito máis pequena do que en realidade é, porque entre público e participantes foron milleiros as persoas que se achegaron a Carballo atraídas polo desfile e concurso de Entroido. O premio “gordo” da categoría de carrozas, dotado con 700 euros, foi para “Liñaio Fashion Week”, de Negreira. Pero houbo moita competencia, e un ano máis a calidade e a orixinalidade das propostas púxolle as cousas difíciles ao xurado, integrado polo concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, e representantes do movemento asociativo.

A carroza gañadora, en proceso de preparación antes do desfile

A carroza gañadora, en proceso de preparación antes do desfile

De feito, ademais do primeiro e do segundo premio, que foi para a carroza coruñesa “Os homes de Paco”, o xurado concedeu tres accésits: a “Toy Story”, de Meicende; “Equipo MacLaren Honda”, de Carballo, e “Trump’s Balado”, da Laracha.

Tampouco resultou doado escoller entre as comparsas. Na categoría de adultos o primeiro premio, dotado con 500 euros, foi para “Non ta o forno pa bolos”, de Vimianzo, e o segundo, para “Furor en la pista”, de Arteixo. E na infantil o xurado premiou, por esta orde, a “Danzantes”, “Os labregos do San Luís” e “Anxos e demos”, as tres comparsas carballesas.

Precisamente unha das labregas do San Luís acadou tamén o galardón especial “Choqueira de Bergantiños”. Na categoría individual infantil os premiados foron “Ourizo de mar”, “A carapuchiña secuestrada polo lobo” e “Sevillana”. En adultos gañou “O de sempre”.  En grupos infantís, “Gus Gus e Jack Jack” levaron os 100 euros; mentres que en grupos de adultos houbo premio de 125 euros para “As dúas Marías” e un accésit para “The future band”.

O concurso carballés consolídase coma referente do Entroido dentro e fóra da comarca. De feito, boa parte dos participantes procedían de distintos puntos da provincia. O humor de Peter Punk, que exerceu coma presentador; a animación da charanga Ruada e a verbena coa orquestra Trébol completaron unha tarde-noite espectacular e multitudinaria. No documento anexo tedes detallados todos os premios e na galería, algunhas das imaxes que nos deixou a xornada.

Descargas



Galería

Compartir: