Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Curruncho Pop, Xornadas Guerrilleiras, proxeccións, contacontos, obradoiros e moita literatura na Biblio Rego da Balsa

Este inverno queremos descubrir a cara B da cultura e resaltar a importancia da figura da muller en todas as facetas

Sábado 11 de febreiro do 2017

Este inverno a Biblioteca Rego da Balsa quere descubrir a cara B da cultura cunha serie de actividades encamiñadas a poñer en valor xéneros, artistas, creador@s e mesmo temas de debate que moitas veces quedan nun segundo plano malia a súa calidade, importancia ou interese.

Seguindo esa filosofía, de aquí ao 21 de marzo prestaremos unha atención especial á figura da muller e a resaltar o seu papel nos ámbitos da cultura a ciencia e no progreso da sociedade en xeral. A muller será a protagonista das Xornadas Guerrilleiras, que se desenvolverán do 6 ao 11 de marzo, e que converterán a Biblio Rego da Balsa nun laboratorio de ideas, propostas e actividades feitas por mulleres pero que queren converterse nun reclamo tanto para mulleres coma para homes. A exposición colectiva “A muller a través da arte”, con obras de Alejandra Matínez, Laura Tova, Lara Pintos e Julia Aguiar; o obradoiro “Debuxando en igualdade”, o Faladoiro coas Guerrilleiras e un obradoiro de mural feminino son algunhas das propostas que desenvolveremos arredor do 8 de marzo, Día da Muller.

Falando de cara B, a música alternativa volverá a encher o auditorio da Biblioteca Rego da Balsa cunha nova edición do Curruncho Pop, que arranca tamén no inverno pero que se prolongará durante a primavera. Nesta segunda edición contaremos con artistas coma Javier Colis e Psychofonía, o sábado 4 de marzo, e Víctor Coyote, o 18. Os convites estarán dispoñibles ao longo de toda a semana anterior e as reservas poden facerse, de balde, na propia biblioteca.

Contacontos, obradoiros, presentacións literarias, faladoiros, proxeccións e recitais completan a programación de inverno, na que continúan tamén o club de lectura da Biblio Rego da Balsa, o club de lectura en francés en colaboración coa Asociación de Irmandamento con L’Isle Jourdain e a campaña #puntoB, a través das redes sociais. No cadro anexo atoparedes as actividades detalladas día a día.

Descargas

Compartir: