"Xeometrías", nova exposición do carballés Josecho González
Do xoves 2 de marzo ata o domingo 26 de marzo do 2023 17.00 a 21.00 horas - Andar -1 do Pazo da Cultura
O 2 de marzo ás 20.00 horas inauguramos Xeometrías, unha exposición do carballés Josecho González (1969), un artista autodidacta cuxa obra está baseada na abstracción xeométrica.
Josecho González ten amosado a súa obra por toda Galicia, e tamén expuxo en Portugal, ademais de participar en feiras e bienais de ámbito internacional como Arte no Morrazo (Cangas), no 2019, ou Art in Lima (Ponte de Lima), no 2021 e 2022, nas que foi seleccionado como finalista.
Actualmente desenvolve o seu traballo pictórico en Carballo, onde reside e ten o seu estudo, e está a traballar en formatos máis grandes en lenzo, complicando as súas estruturas e incluíndo as superposicións de pezas xeometricas nas novas obras, que agardamos poder ver en futuras exposicións.