Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Exposición "Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló"

Do mércores 2 de novembro ata o domingo 27 de novembro do 2022 16.30 a 21.00 horas - Pazo da Cultura

Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló trae a Carballo a mellor representación da arte do século XX español e converte a Sala Alberto Gende do Pazo da Cultura nun auténtico museo digno de pezas de artistas como Miró, Dalí, Chillida, Luis Seoane ou Maruja Mallo. A exposición pretende dar a coñecer as técnicas tradicionais do gravado calcográfico e as súas variantes, en especial a xilografía, a litografía e a serigrafía. En ocasións, a delimitación entre unha técnica e outra non é tan nidia xa que os artistas actuais son quen de mesturar as distintas técnicas e mesmo inventárense outras novas.

Esta exposición enmárcase na iniciativa Cultura por alimentos que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.

A colección pode verse ata o día 27 de novembro, de luns a sábado, de 16.30 a 21.00 horas.

Compartir: