Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

"Despois das ondas", a viaxe teatral pola vida de María Casares, chega a Carballo

Venres 22 de novembro do 2019 21.00 horas - Auditorio Pazo da Cultura

Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soedade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral sen precedentes. A nena creceu para converterse nunha gran actriz da escena e o cine francés, nun símbolo da España refuxiada, nun recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado.

Será precisamente nesa néboa na que a gran Casares deberá perderse para encontrar o significado dunha vida chea de éxitos e pérdidas, na que as pantasmas que resoan na súa memoria lle axudarán a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?

Nesta peza teatral, que mestura cine en directo, teatro e música, poderemos percorrer os lugares e os momentos da vida de María Casares durante o seu regreso, tras catro décadas de exilio.

Despois das ondas é un texto de Ernesto Is, gañador do XVIII Premio Rafael Dieste, concedido en 2017 pola Deputación da Coruña, encargada de coproducir a obra xunto a ButacaZero.

Intérpretes:
Belén Constenla, Nerea Brey e Sonsoles Cordón; Espazo escénico: Beatriz de Vega; Vestiario: Carlos Pinilla; Iluminación: Javier Quintana; Audiovisuais: Roi Fernández (Sr. Pausa Cinescapismo);Dramaturxia: Ernesto Is; Produción: Esther F. Carrodeguas; Axudante de dirección: Ernesto Is; Dirección: Xavier Castiñeira.

Público: Adulto
Entrada: De balde e libre ata completar aforo
Duración: 60'
Organiza: Deputación da Coruña
Colabora: Concello de Carballo

Compartir: