Os ratiños de Lonxedetodo regresan con novas historias para a cativada
Mércores 13 de novembro do 2019 17:00/18:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa
Os ratiños máis famosos e queridos polos peques da casa regresan á Biblioteca Rego da Balsa, directamente procedentes de Lonxedetodo, para facernos rir de novo e sorprendernos con contos tan incribles como o do "Ratiño Presumido", unha historia a prol da igualdade de xénero pensada para divertir, entreter e reflexionar a toda a familia.
Se non queres perder a primeira sesión de contacontos da temporada que a compañía Trinke Trinke Teatro ofrecerá este mércores 13, ás 17.00 e ás 18.30 horas, non esquezas recoller canto antes o teu convite, ben en quenda de mañá (10.30 horas) ou de tarde (16.00).
Público: Nenos e nenas de 3 a 8 anos
Entrada: Entrada libre e de balde con convite
Organiza: Concello de Carballo