Presentación aberta da peza teatral "Habitada", da carballesa Olivia Pena
Venres 25 de outubro do 2019 19.00 horas - Pazo da Cultura
Ademais da súa actividade habitual, o FIOT propón este venres 25, ás 19.00 horas, a presentación aberta ao público do texto teatral da obra Habitada, escrita pola carballesa Olivia Pena.
Olivia Pena é profesora de Lingua e Literatura Galega nun centro de ensino secundario da vila, ademais de colaboradora de Casahamlet.
A obra, publicada en 2018 na Revista Galega de Teatro (Erregueté), reflexiona sobre as identidades e a loita polos soños. O acto, no que tamén estarán presentes a directora e o subdirector de Erregueté, Vanesa Sotelo e Manuel Xestoso, contará cunha lectura dramatizada dun fragmento da obra coa colaboración do grupo de teatro amador Eu experimento do Centro Cultural Camoes de Vigo.