Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

El Sol de York estrea no FIOT "Chicas y chicos", unha reflexión sobre a violencia machista

Venres 18 de outubro do 2019 21:00 horas - Auditorio Pazo da Cultura

Chicas y chicos é unha reflexión sobre a violencia machista a través do percorrido vital da protagonista. Ela, unha muller que non ten nome porque podería ser calquera. Cun marido, unha filla pequena que pasa o día construíndo cousas e un fillo menor que as destrúe. Enfrontouse aos teitos de cristal, a un traballo ao que non estaba destinada, á conciliación… Podemos perdoar que unha muller teña máis éxito ca os homes? Cal é o prezo a pagar? E os menores, que papel xogan?

Esta obra formúlanos preguntas que a sociedade debería facerse sobre a masculinidade, a violencia ou as consecuencias sobre os menores da realidade da violencia de xénero. Este é o tema que aborda con dor, humor, tenrura e realidade o autor aclamado internacionalmente Dennis Kelly e que dirixe unha das dramaturgas máis interesantes da escena española, Lucía Miranda, gañadora do último premio Ojo Crítico, que lidera un equipo maioritariamente feminino.

Chicas y chicos, unha das estreas absolutas da 28ª edición do festival,  é unha obra conmovedora, contundente e tristemente veraz, que conta coa colaboración do FIOT. 

Intérprete: Antonia Paso; Escenografía e figurinismo: Anna Tusell; Vestiario: Adolfo Domínguez
Son: Irene Maquieira; Iluminación: Pedro Yagüe; Produción: Javier Ortiz; Autor: Dennis Kelly
Dirección: Lucía Miranda.

Público: A partir de 14 anos
Entrada: 8 €
Duración: 80'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo

FIOT28 (Programa de Sala)

Compartir: