Obradoiro práctico de lecto-escritura en francés para nenos de 7 a 9 anos
Sábado 19 de outubro do 2019 11:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa
As familias con nenos/as de 7 a 9 anos de idade, que estean interesadas en adquirir ferramentas respectuosas e divertidas para acompañar aos cativos na súa evolución lingüística e ver como, de xeito natural, van adquirindo a capacidade de escribir e ler simultaneamente en varias linguas, teñen unha cita este sábado na Biblioteca Rego da Balsa para asistir ao obradoiro de lecto-escritura en francés, organizado por Jumelage entre Carballo et L'Isle-Jourdain.
Todas as persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente na Biblioteca Rego da Balsa chamando ao 981 758 580. Bulide, que as prazas son limitadas!