Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A polifacética Patty Diphusa falará na Rúa dos Contos de "Sexo seguro.Seguro? Seguro!"

Venres 4 de outubro do 2019 00:00 horas - Pub Stars

Que é o sexo? Que é o amor? É o sexo mellor con amor? Pódese amar a alguén se non te amas a ti mesmo?  Estas son algunhas das cuestións que nos propón a polifacética artista Patty Diphusa no seu espectáculo de variedades, un show feminista e pro-LGTBQAI+ que nos fará reflexionar, en clave de humor, sobre a autoaceptación, a sinceridade, as relacións e a profilaxe.

Monologuista, humorista, artista, malabarista, mestra de cerimonias e, por suposto, paiasa. Así é Malala Ricoy, licenciada en Comunicación Audiovisual e cunha ampla formación en clown e Artes Escénicas xunto a profesores do nivel de Jöns Pappila, Nanny Cogorno, Pablo Pundik o Claudia Contín. Tamén ten participado en festivais de renome como o Festival Diviértete (2º Premio 2015), o Festival Internacional de Teatro en la Calle de Getafe, o Art Street de Salou, ou Manicómicos e A Coruña, entre outros.

Non vos perdades este espectáculo profiláctico que abrirá bocas e mentes!

Público: Adulto e maior de 14 anos (con permiso dos pais ou titores legais)
Entrada: Libre
Duración: 60'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo

Programación FIOT 28 - Rúa dos Contos

Compartir: