O FIOT levanta o pano cunha estrea absoluta do dramaturgo Quico Cadaval
Do venres 4 de outubro ata o sábado 5 de outubro do 2019 21:00h/20:30h - Pazo da Cultura
O director Quico Cadaval achega a súa frescura e irreverencia a unha das grandes obras de Shakespeare. O FIOT colabora con esta produción, coa que a compañía Producións Teatrais Excéntricas celebra o seu 15º aniversario. Medida x medida é unha das grandes propostas da temporada teatral galega: enigmática, abafante e divertida.
Sinopse: Isabella abandona o convento por tres días coa intención de salvar a vida do seu pecadento irmán, un mozo condenado a morte. Palacios, cadeas, perversidade, corrupción, hipocrisía social, sexo e amor configuran esta valente comedia negra, en ton de thriller. A obra revela unha cara escura da sociedade aínda moi vixente, onde non se ten en conta a vontade da muller e o abuso sexual é moeda de cambio.
Intérpretes: Melania Cruz, Patricia Vázquez, María Costas, Josito Porto, Santi Romay, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira; Vestiario e escenografía: Suso Montero; Dirección musical: Bernardo Martínez; Adaptación e dirección: Quico Cadaval.
Público: A partir de 13 anos
Duración: 105'
Entrada: 8€