Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Expectación máxima na estrea de Fedra e Lolita Flores no FIOT

Sábado 13 de outubro do 2018 20:30 horas - Pazo da Cultura

Recentemente estreado no Festival de Teatro Clásico de Mérida, a suxestiva posta en escena da compañía madrileña Pentación Espectáculos transpórtaranos directamente ao ardente corazón de Fedra, a protagonista desta espectacular e tan ansiada obra, de estrea en Galicia, interpretada maxistralmente pola popular artista, Lolita, que encabeza un excelente equipo artístico ao que tereos a oportunidade de ver sobre o escenario esta fin de semana.

Sinopse: Fedra, a raíña da Illa do Volcán, está enferma e ninguén acerta coa causa da súa enfermidade. E é que a gran responsable da súa doenza é unha paixón irreprimible que a atormenta, un erotismo inmoral e impúdico, un desexo violento e indómito, un amor prisioneiro. Como actuar cando razón e desexo entran en conflito? O mito de Fedra, reinterpretado con brillantez por un dos novos dramaturgos máis notables do panorama teatral actual e Premio Nacional de Literatura Dramática, Paco Becerra, convértese aquí nun poético e fermoso canto ao amor e á agonía de amar sen ser correspondido.

Intérpretes: Lolita Flores, Juan Fernández, Críspulo Cabezas, Eneko Sagardoy e Tina Sáinz Escenografía: Monica Boromello Iluminación: Juan Gómez-Cornejo Vestiario: Almudena Rodríguez Huertas Música: Mariano Marín Vídeo-escena: Bruno Praena Ayudante de dirección: Álvaro Lizarrondo Autor: Paco Bezerra Dirección: Luis Luque 
Coprodución co Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida

Público: Recomendada a partir de 14 anos
Entrada: 15 €
Duración: 90 mins.

Programación FIOT27

Compartir: