Helena Salgueiro visita o M2 do FIOT coa performance "Pan"
Sábado 13 de outubro do 2018 18/18:30/19/19:30 horas - Panadaría Ana Mesejo (A Brea 48)
Esta fin de semana valo a ter moi difícil para elixir ao mellor entre os participantes do II Certame de Microteatro Metro Cadrado. A partir do texto Pan, da poeta galega Estíbaliz Espinosa, Helena Salgueiro creará unha performance con canto e percusión en directo, arredor da idea do desexo, o erotismo e o feminismo. Traballo manual, sensualidade, etnoloxía, danza, poesía, cantiga e traballo conforman a rica proposta desta nova poeta, gañadora do II Certame de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón, realizado para un espazo que forma parte das referencias carballesas, unha panadaría.
Fotografía: Ruth Matilda Anderson Creación e interpretación: Helena Salgueiro
Público: Recomendada para maiores de 16 anos (20 espectadores/as)
Duración: 15 min
Programación FIOT27