Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

La Joven Compañía presenta "Playoff", unha reflexión sobre a muller no deporte

Venres 12 de outubro do 2018 20:30 horas - Pazo da Cultura

Volve a programación de sala ao auditorio do Pazo da Cultura coa posta en escena de Playoff, unha traxicomedia que fala de liberdade, de mulleres que queren desfacerse de todo os lastres que lle impoñen e que, sobre todo, reflexiona sobre o papel da muller e do deporte feminino nunha sociedade que aínda manifesta un machismo feroz en moitos ámbitos.

La Joven Compañía (Madrid) é un proxecto singular que pretende servir de primeira experiencia profesional para mozas e mozos, coa dirección de grandes profesionais do circuíto teatral nacional, e a incorporación de público novo, polo que foi distinguida co Premio El Ojo Crítico de Teatro de Radio Nacional de España. A autora deste fresco e reivindicativo texto, protagonizado por sete mulleres, é Marta Buchaca, unha das novas e sobresaíntes dramaturgas do panorama actual.

Sinopse: Un vestiario dun equipo de fútbol feminino. Todo sucede nunha tarde, a do partido máis importante na vida das protagonistas, mulleres novas que aman a súa profesión. Alí aflorarán as envexas, os soños, as dúbidas e os medos dunhas rapazas fortes e independentes que o único que queren é vivir a súa paixón.

Intérpretes: María Romero, Cristina Gallego, Cristina Bertol, Cristina Varona, Ana Escriu, Yolanda Fernández e Neus Cortés Iluminación: Juanjo Llorens Escenografía e vestiario: Silvia de Marta Música e espazo sonoro: Luis Delgado Videoescena: Álvaro Luna e Elvira Ruiz Zurita Movemento escénico: Andoni Larrabeiti Dramaturxia: Marta Buchaca Dirección: José Luis Arellano García 

Público: Recomendada para maiores de 12 anos
Entrada: 8 €
Duración: 100 min.

Programación FIOT27

Compartir: