Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

O Concello de Carballo organiza, por terceiro ano, cursos para que as persoas maiores melloren o manexo do teléfono móbil

Hoxe remata o primeiro obradoiro do ano, que se celebra no centro social Escola de Arrabaldes, e a vindeira semana empezará outro en Aldemunde

Xoves 19 de xaneiro do 2023 Benestar

Esta semana celebrouse no centro social Escola de Arrabaldes o primeiro curso do ano

Esta semana celebrouse no centro social Escola de Arrabaldes o primeiro curso do ano

A Concellaría de Terceira Idade quere achegar as novas tecnoloxías ás persoas maiores, e, con ese obxectivo, por terceiro ano pon en marcha cursos para que poidan mellorar o manexo do teléfono móbil. E unha vez máis contamos coa Cruz Vermella para achegar ás persoas participantes os coñecementos básicos sobre o funcionamento dos dispositivos e as aplicacións que lles poden resultar de máis utilidade no seu día a día, como enviar unha fotografía a un familiar ou pedir unha cita para o médico sen necesidade de chamar ou achegarse ata o centro de saúde.

O primeiro curso do ano está a celebrarse esta semana no centro social Escola de Arrabaldes, no barrio da Milagrosa, coa participación de 15 persoas. Os/as participantes recibiron a visita do alcalde, Evencio Ferrero, e da concelleira de Terceira Idade, Mar Eirís, que se interesaron polos avances conseguidos.

Para as vindeiras semanas están programados os seguintes cursos:

  • Aldemunde (centro social): 24, 25 e 31 de xaneiro
  • Rus (centro social): 1, 7 e 8 de febreiro
  • Vilela (centro social): 14,15 e 22 de febreiro
  • Carballo (lugar por definir): 23 e 28 de febreiro e 2 de marzo

As persoas que queiran participar poden anotarse:

  • A través das asociacións da súa parroquia e/ou dos consellos parroquiais.
  • Na Biblioteca Rego da Balsa.
  • Enviando un correo electrónico a comunicacion@carballo.gal
O mesmo correo electrónico está dispoñible para as entidades interesadas en organizar un curso na súa parroquia.

Compartir: