Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

“Este Nadal xogamos para ser iguais”, novo programa de obradoiros para alumnado de infantil e primaria

Cociña, empaquetaxe creativa, customización de camisetas e elaboración de xoguetes encherán as mañás da primeira semana de vacacións escolares

Luns 12 de decembro do 2022 Benestar

O programa comezou este luns 26 cun obradoiro de cociña

O programa comezou este luns 26 cun obradoiro de cociña

Este Nadal imos ter moi ocupada á rapazada, con xogos, actuacións culturais e actividades que iremos coñecendo nos vindeiros días. E entre todas as novidades deste ano estará o programa Este Nadal xogamos para ser iguais, unha iniciativa da Concellaría de Igualdade que trata de fomentar a educación en igualdade a través do xogo, ao tempo que afonda na promoción do xoguete non sexista, potencia a creatividade infantil, crea conciencia sobre a reutilización e a reciclaxe, apoia a conciliación e convértese nun elemento de dinamización do mercado municipal de abastos e do comercio local.

Con todos eses ingredientes, ao longo da primeira semana das vacacións escolares, do 26 ao 30 de decembro, desenvolveranse un total de 10 obradoiros na planta baixa do mercado, no corredor paralelo ao xardín municipal. Cada taller terá unha duración de hora e media, para facilitar ás familias a realización das súas compras mentres os nenos e as nenas participan nas actividades.

Coa finalidade de lograr o maior aproveitamento posible, haberá 15 prazas por taller, e cada un deles irá dirixido a nenos e nenas dunhas idades concretas, segundo o seguinte calendario: 

Luns 26

  • 10.30 a 12.00h: Tarefas igualitarias: cociña de Nadal para nenos e nenas de primaria.
  • 12.30 a 14.00h: Xoguetes non sexistas: creación de instrumentos musicais con refugallo. Para alumnado de infantil.
 Martes 27
  • 10.30 a 12.00h: Tarefas igualitarias: empaquetaxe creativa. Alumnado de primaria.
  • 12.30 a 14.00h: Tarefas igualitarias: empaquetaxe creativa. Alumnado de primaria.
 Mércores 28
  • 10.30 a 12.00h: Tarefas igualitarias: empaquetaxe creativa. Alumnado de primaria.
  • 12.30 a 14.00h: Xoguetes non sexistas: creación de instrumentos musicais con refugallo. Alumnado de infantil.
 Xoves 29
  • 10.30 a 12.00h: Tarefas igualitarias: cociña de Nadal para nenos e nenas de primaria.
  • 12.30 a 14.00h: Tarefas igualitarias: cociña de Nadal para nenos e nenas de primaria.
Venres 30
  • 10.30 a 12.00h: Recuperación de prendas unisex: customización de camisetas. Para alumnado de primaria.
  • 12.30 a 14.00h: Xoguetes non sexistas: creación de instrumentos musicais con refugallo. Alumnado de infantil.

Nos obradoiros de xoguetes, os/as máis pequenos/as aprenderán a facer cada día un instrumento musical con material de refugallo. O alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria alternará a elaboración de caixiñas e envoltorios creativos coa cociña, na que aprenderán a elaborar crepe recheo de polo con granada e coquiños. E o máis maior poderá elaborar camisetas exclusivas con distintos materiais. Todas as actividades serán dirixidas por dous monitores/as.

As prazas cubriranse por orde de inscrición. Fíxate nas idades ás que vai dirixida cada obradoiro e anota aos peques!

Ligazóns

Compartir: