Aprobadas todas as solicitudes de praza no programa Concilia para o curso 2022-23
O servizo da Concellaría de Igualdade e Benestar para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar esténdese ao CEIP Gándara-Sofán
Luns 8 de agosto do 2022 Benestar
Todas as solicitudes presentadas para participar no Programa Concilia durante o curso 2022-2023 están admitidas. O servizo prestarase nos colexios Fogar, Bergantiños e Gándara-Sofán, que este curso acadou o número mínimo de participantes para poñelo en marcha. A listaxe de nenos e nenas será definitiva o 25 de agosto.
Este ano recibimos 145 solicitudes:
CEIP Bergantiños: 78 para todos os días e 6 para días soltos
- 40 solicitudes con almorzo
- 38 sen almorzo
- Días soltos: 1 con almorzo e 5 sen almorzo
- 21 con almorzo
- 23 sen almorzo
- Días soltos: 5 con almorzo
- 7 con almorzo
- 3 sen almorzo
No documento anexo poden consultarse as bonificacións concedidas. Neste caso, o prazo de reclamación será de 10 días e a listaxe definitiva publicarase o 23 de agosto.
PROGRAMA CONCILIA
O Programa Concilia é unha medida promovida desde a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
En que consiste
O programa desenvólvese durante o período escolar, e consiste en recoller ás nenas e aos nenos á primeira hora da mañá no seu centro escolar. O obxectivo é responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os horarios escolares e laborais, cubrindo a necesidade de atención antes do inicio das clases pola mañá con persoas debidamente cualificadas, así como ofrecer o servizo dun almorzo equilibrado.
Servizos que comprende
Servizo de gardaría: As monitoras atenden ao alumnado, garantindo hábitos de hixiene, e ademais realizando actividades de ocio e tempo libre.
Servizo de almorzo: é un servizo opcional para aqueles nenos/as que o soliciten
Horarios do servizo
O servizo préstase de luns a venres os días lectivos dende as 7:00 ata a hora de incorporación ás clases en cada centro. Tamén se ofrece servizo nos períodos vacacionais de Nadal, Entroido, e Semana Santa, nas pontes. Nestas datas o servizo ofrecese no locais habilitados pola empresa que ten a concesión e o número de prazas será de 30.