Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

O goberno municipal aproba unha liña de axudas ás familias para facer fronte ao encarecemento do prezo da luz

Titulares do bono social e persoas que reciben tratamentos de osixenoterapia ou diálise peritoneal nos seus domicilios poderán acceder ás subvencións

Luns 25 de outubro do 2021 Benestar

O recibo da luz que pagamos nos nosos fogares aumentou considerablemente nos últimos anos, pero o maior incremento vense rexistrando neste 2021, ata o punto de que cada vez son máis as familias con dificultades para facer fronte á factura de electricidade. Para o goberno municipal de Carballo, o acceso á electricidade é unha necesidade básica. Por iso, ante as necesidades detectadas e coa finalidade de evitar a existencia de pobreza enerxética no noso concello, dende o departamento de Benestar convocamos unha liña de axudas para que as familias que máis o precisen poidan facer fronte ao pago das súas facturas da luz.

Poderán acceder ás axudas as persoas maiores de 18 anos ou menores emancipadas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

  • Ser beneficiarias do bono social das diferentes comercializadoras de electricidade.
  • Recibir durante o ano 2021, polo menos durante seis meses, osixenoterapia domiciliaria.
  • Recibir durante o ano 2021, polo menos durante seis meses, tratamento de diálise peritoneal domiciliaria.

A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes será de 200 euros, nun pago único. A Concellaría de Igualdade e Benestar destina a esta liña de axudas, nesta primeira convocatoria, un máximo de 60.000 euros.

As bases da convocatoria foron aprobadas hoxe pola Xunta de Goberno Local. O prazo de solicitude abrirase a partir da publicación correspondente no BOP.

Compartir: