Inicio O Concello Axenda institucional Presentación do Memorial deportivo...

Presentación do Memorial deportivo dedicado a Loli Varela

Venres 2 de decembro do 2016 Casa do Concello - 12.00h

Memorial Loli Varela

A Casa do Concello acolle a partir das 12.00 horas a presentación en rolda de prensa do Memorial Loli Varela que se disputará o martes 6 de decembro e no que haberá encontros de baloncesto, balonmán e baloncesto adaptado no Pavillón Vila de Noia da capital municipal.

Está prevista a presenza na cita do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; e do responsable do Club Baloncesto Artai, Joaquín Moreira.

Compartir: