Inicio O Concello Axenda institucional Presentación da campaña solidaria...

Presentación da campaña solidaria do Sofán para a recollida de xoguetes de Cruz Vermella

Xoves 1 de decembro do 2016 Casa do Concello - 13.30h

SD Sofán

A Casa do Concello acolle a partir das 13.30 horas a presentación en rolda de prensa do partido solidario entre a SD Sofán e o Betanzos CF que terá lugar o domingo 4 de decembro no Campo do Carral. O obxectivo da cita é a recollida de xoguetes para Cruz Vermella.

Está prevista a presenza na cita do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; e de representantes do Sofán e de Cruz Vermella.

Compartir: