Inicio O Concello Axenda institucional Presentación da estrea e...

Presentación da estrea e co-produción do FIOT "O Tolleito de Inishmaan"

Martes 11 de outubro do 2016 Pazo da Cultura - 13.30 h.

Ensaio de O Tolleito de Inishmaan

Un dos ensaios

No marco do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), o dramaturgo, Xograr de Outono 2009 e director teatral de frutífera traxectoria profesional, Cándido Pazó, presentará este martes 11 de outubro ás 13.30 h. no Pazo da Cultura de Carballo a súa adaptación do moderno clásico universal de gran éxito internacional “O Tolleito de Inishmaan” de Martin McDonagh, un espectáculo da compañía Contraproducións, coproducido polo FIOT e subvencionado pola Agadic. A estrea absoluta desta obra será o venres 14 de outubro ás 21.00 h. no Pazo da Cultura de Carballo.

Á rolda de prensa para a súa presentación asistirán, ademais do propio director, varios actores como o protagonista Evaristo Calvo, a actriz e Xograresa de Outono 2015, Susana Dans, e o actor bergantiñán Santi Romay, así como o Presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte, Alberto Sueiro, e o Concelleiro de Cultura, Marcos Trigo.

Compartir: