"Aprendendo a querer" cos Ratos de Lonxedetodo
Mércores 26 de febreiro do 2025 17.30 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Trinketrinke Teatro presenta o espectáculo Aprendendo a querer. Os ratiños e as ratiñas de Lonxedetodo saben da importancia de tratárense os uns aos outros con respecto, coidado e cariño. Saben que isto é fundamental para teren unha boa saúde afectiva e para establecer cos demais relacións afectivas sas, arredándose de relacións de dominio, dependencia ou abuso. E hai contos que nos axudan a identificar unhas e outras.
Lugar: Biblioteca Rego da Balsa
Horarios: 17.30 e 18.30 h
Público: nenos/as de 4 a 8 anos
Entrada de balde con reserva previa a partir do mércores 19 no teléfono 981 758 580