Presentación do poemario "Aleteo", de Elisa Bentos-Pereyra Rey
Venres 17 de xaneiro do 2025 19.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua
Elisa Bentos-Pereyra Rey presenta o seu primeiro libro, Aleteo, un poemario "de luces e sombras, como a vida do ser humano que a porta, a atravesa e a recorre".
A imaxe do batemento de ás dunha bolboreta sobre o sepulcro do pai foi o que inspirou o verso e o título desta obra, que a autora de orixe uruguaia presenta na biblioteca Rego da Balsa. Podes coñecela mellor na súa conta de Instagram: @elisabentospereyra.
Público: xuvenil e adulto
Entrada libre