Exposición do XVIII premio de arte gráfica Jesús Núñez
Do luns 13 de xaneiro ata o sábado 1 de febreiro do 2025 De 16.00 a 20.00 horas - 3º andar do Pazo da Cultura Cultura
O Pazo da Cultura de Carballo acolle a exposición do XVIII premio de arte gráfica Jesús Núñez, una mostra que recompila as obras da sección de gravado deste certame convocado anualmente pola Deputación da Coruña.
Esta exposición, organizada polo organismo provincial e o Concello de Carballo, poderá verse do 13 de xaneiro ao 1 de febreiro na sala Alberto Gende do 3º andar do Pazo da Cultura, de luns a sábado de 16.00 a 20.00 horas.
As persoas que se acheguen á mostra poderán desfrutar dunha selección de 30 obras, entre as que se atopa a obra gañadora, a peza «10 grados» do artista bilbaíno Juan Carlos Escudero, ademais dos accésits ao polaco Mateusz Patrzyk de Oliveira, pola obra «Painbody I» e da logroñesa Maite Pinto Zangróniz, pola obra «Vero Over».