Inicio Carballo ao día Axenda O mago Joshua Kenneth presenta...

O mago Joshua Kenneth presenta "Degustación de imposibles"

Venres 27 de decembro do 2024 18.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

O ilusionista galego Joshua Kenneth preséntase por primeira vez no escenario carballés co espectáculo Degustación de imposibles, no que o asombro, o humor e o misterio están mesturados cun pouco de historia do ilusionismo.Nesta selección de imposibles a realidade do público distorsiónase con impactantes elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinas.Unha experiencia interactiva, divertida e artística que convida ao público a entrar nun mundo onde todo pode ser transformado e onde nada e imposible.

Público: a partir de 6 anos.
Organiza: Concello de Carballo / Colabora: Deputación da Coruña

Ligazóns

Compartir:


- 2025 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D