Papá Noel e os seus elfos chegan a Carballo
Do venres 20 de decembro ata o martes 24 de decembro do 2024 Praza do Concello Promoción Económica
Este Nadal, a maxia de Laponia trasládase a Carballo! Do 20 ao 24 de decembro, Papá Noel e os seus simpáticos elfos farán unha parada moi especial na nosa vila para recibir aos nenos e nenas na súa preciosa casa de madeira, construída co mesmo encanto que as dos bosques do Polo Norte. Grazas á Concellería de Promoción Económica, este recuncho tan máxico estará instalado na Praza do Concello, listo para acoller as cartas máis soñadoras e os sorrisos máis felices.
Os elfos, sempre pendentes de que todo saia perfecto, estarán alí para asegurarse de que cada neno/a teña o seu momento especial con Papá Noel. Haberá risas, apertas, fotos e, por suposto, moitos desexos de Nadal.
Horarios para vivir a maxia do Nadal:
Esta actividade, organizada polo CCA Carballo coa colaboración da Concellería de Promoción Económica, é unha invitación aberta para que toda a familia viva a ilusión do Nadal de cerca. Non importa a idade: Papá Noel e os seus elfos teñen un lugar para todos no seu corazón (e na súa axenda!). Así que xa sabedes: preparade as cartas, os vosos mellores desexos e, sobre todo, as ganas de pasalo xenial. Vémonos na Praza do Concello para un Nadal inesquecible!