Inicio Carballo ao día Axenda Exposición fotográfica EspadEla:...

Exposición fotográfica EspadEla: feminismos e ruralidades

Do venres 15 de novembro ata o domingo 29 de decembro do 2024 16.00 a 20.00 horas - Pazo da Cultura (andar -1) Cultura

O alcalde, Evencio Ferrero, e as concelleiras de Cultura e Igualdade, Maruxa Suárez e Maica Ures, achegáronse ata o Pazo da Cultura para visitar, xunto cunha representación das cantareiras da Escola do Alprende, a exposición fotográfica de Charo Lopes, que inclúe retratos de mulleres, entre elas as tocadoras.

Esta exposición é unha iniciativa da cooperativa Arabías na que se trenzan os corpos, as voces e as palabras de 58 mulleres a través dun proceso de construción colectiva. Estas imaxes pretenden expresar as múltiples realidades que habitan nos contextos rurais galegos apoiándonos na mirada dos feminismos. Así, esta escolma de retratos transmite o que pode ser o común do territorio e as mulleres diversas que o arroupan.

A autora

Esta exposición componse dunha escolma de retratos grupais e individuais. As mulleres que participan expresan temas de interese como as diversidades, a relación co territorio, os activismos, a comunidade, os coidados das persoas maiores e dependentes, da terra ou da cultura e do patrimonio inmaterial. Todos estes elementos están tratados dende a perspectiva feminista a partir da participación activa das súas protagonistas. As mulleres que participaron son dos concellos de Ames, Arzúa, Boiro, Brión, Ordes, Touro, Santiago de Compostela e Carballo. O noso concello está representado polas cantareiras da Escola do Alprende de Oza.

Charo Lopes é veciña da comarca do Barbanza. Xornalista e fotógrafa especializada en retrato, envolveuse no trenzado entre as diferentes participantes do proxecto, procurando unha representación próxima e honesta das mulleres nos seus contextos. Cada sesión foi unha celebración, un xogo no que compartir froita, no que aprender a colocarse na postura da dignidade e no que a forza e sororidade se proxectaron para alén das luces e cores do particular.

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31