Inicio Carballo ao día Axenda Presentación do libro "Finis...

Presentación do libro "Finis Terrae", do fotógrafo carballés Marcos Rodríguez

Martes 23 de abril do 2024 20.00 horas - Museo de Bergantiños Cultura

Ademais da Semana do Libro e a Lectura, en Carballo celebramos o Día do Libro cunha cita moi especial na que se presentará "Finis Terrae", o primeiro libro do fotógrafo carballés Marcos Rodríguez, publicado por Editorial Canela dentro da colección "Imaxes dun país".

O libro inclúe unha selección de 170 fotografías de contido etnográfico e social da nosa contorna, produto de case dúas décadas de percorrido pola Costa da Morte dirixindo a súa cámara cara a xentes, oficios, celebracións tradicionais e relixiosas, rituais, ao lume, á terra, ao mar… Esta obra é unha homenaxe á xente loitadora e traballadora que, malia ter marchado moita dela no primeiro cuarto deste século, grazas á sensibilidade de Marcos Rodríguez, seguen presentes a través do espazo físico no que viviron e viven.

O texto de presentación do libro foi escrito pola poeta Rosalía Fernández Rial, que acompañará a Marcos Rodríguez como condutora do acto. O acceso ao recinto do Museo de Bergantiños será libre e de balde ata completar capacidade.

Presentación organizada polas áreas de Cultura e Bibliotecas de Carballo.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31