Inicio Carballo ao día Axenda Amal en Ruta continúa coa película...

Amal en Ruta continúa coa película "El caftán azul"

Sábado 2 de marzo do 2024 20.30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Halim, un xastre de mediana idade, dirixe xunto á súa muller un pequeno negocio na antiga medina de Salguei, Marrocos. A relación entre eles, que oculta un gran secreto, vese afectada pola chegada dun mozo aprendiz, Youssef. A cinta recibiu varias distincións en 2023, como ser candidata por Marrocos ao Mellor Film Internacional nos Premios Óscar, o Premio Fipresci no Festival Internacional de Cinema de Cannes, e o Premio á Mellor Actriz nos Seminci de España.

Longametraxe de ficción/ Maryam Touzani / Francia, Marruecos, Bélgica, Dinamarca e España / 2022 

Maryam Touzani é unha directora e guionista marroquí. Pasou a súa infancia na súa cidade natal, Tánxer, ata que se trasladou a Londres para estudar xornalismo. Despois de finalizar os seus estudos, volve a Marrocos para especializarse en cinema magrebí. Escribiu e dirixiu varios documentais, curtametraxes e películas que a levaron a converterse en membro da Academia dos Premios Óscar.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31