Inicio Carballo ao día Axenda Exposición do XVII Premio Jesús...

Exposición do XVII Premio Jesús Núñez de arte gráfica

Do venres 16 de febreiro ata o domingo 3 de marzo do 2024 17.00 a 21.00 horas - Andar -1 do Pazo da Cultura Cultura

Selección de obras de gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións escollidas polo xurado da XVII edición do certame que convoca anualmente a Deputación da Coruña en homenaxe á obra do artista Jesus Núñez. A participación de 140 obras chegadas de 20 países distintos do mundo é indicativa do prestixio e repercusión internacional desta iniciativa na arte gráfica.

Na mostra poderemos desfrutar dunha selección entre a que se atopa a obra gañadora, a serigrafía Ikatz / Harri II da artista vasca Myriam Gesalaga Eizaguirre, obra que o xurado seleccionou pola “adecuación entre o discurso e a técnica, unha imaxe con moita potencia e á mesma vez elegante e suxestiva”, ademais dos Accésits de Fátima Conesa e Claudia Regueira e as Mencións de honra de Miriana Pino e Joan Polo.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31