Inicio Carballo ao día Axenda Exposición colectiva de pintura "11...

Exposición colectiva de pintura "11 horizontes"

Do domingo 27 de novembro ata o martes 31 de xaneiro do 2023 Galería de arte Espiral Maior Foro Cultura

O domingo 27 de novembro, ás 12:00 h., terá lugar na Galería de Arte de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34) a inauguración dunha exposición colectiva de obras de arte titulada 11 horizontes, composta por máis de 40 obras pictóricas de artistas de Carballo ou ligados a Bergantiños, xunto con obras, todas elas de nova factura, de autores que xa realizaron exposicións na sala carballesa.

A exposición 11 horizontes contará con obras de Emi de las Heras, Tucho Caamaño, Manuel Facal, Milos Cotelo, Pepe Cáccamo, Gosia Trebacz, Mon Lendoiro, Viki Rivadulla, Carlos Pereira, Xulio García Rivas e Santiago Picos, nomes todos eles que conforman unha mostra interxeracional de artistas que se proxecta nunha oferta plural e diversa en formatos, técnicas e estéticas, creando un espazo de gran calidade que estará aberto a todas as persoas interesadas todo o mes de decembro do ano en curso e tamén durante o mes de xaneiro de 2023.

Xunto a obras de formato mediano e grande, pintura acrílica ou óleo, tamén haberá exposición de obras de pequeno formato en acuarela, debuxo e obra diversa sobre papel, sendo así que a Galería de Arte Espiral Maior Foro de Carballo crea un “mercado” de arte no Nadal, para ofrecer obras de todo tipo que confirman o gran momento creativo que se vive na actualidade.

Compartir:


- 2022 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1