Inicio O Concello Axenda institucional Evencio Ferrero asiste ao Encontro provincial de...

Evencio Ferrero asiste ao Encontro provincial de voluntariado da Cruz Vermella

Sábado 2 de xullo do 2022 11.00 horas - Fórum Carballo

A Asemblea Provincial de Cruz Vermella na Coruña celebra un encontro de voluntariado no Fórum Carballo. Nesta cita anual, na que se recoñece o compromiso do voluntariado, ademais de servir para reflexionar sobre o seu papel na sociedade e compartir experiencias con persoas que participan activamente en diferentes áreas e proxectos desenvolvidos nas asembleas da provincia, participará o alcalde, Evencio Ferrero, que asistirá ao acto inaugural.

Compartir: